lunes, 22 de mayo de 2017

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "EU SON MARUJA MALLO"

Esta mañá tivo lugar no salón de actos do IES AS BARXAS, a inauguración da exposición homenaxe á pintora Maruja Mallo “EU SON MARUJA”, que pretende ser un alegato en defensa dos dereitos da muller e ao dereito de facer visible tanto a Maruja coma a súa obra, tan inxustamente esquecida durante anos.
O acto comenzou coa charla coloquio “MARUJA MALLO: TRANSGRESION NA VIDA E NA OBRA”, a cargo de Dona María Isabel Alvarez Irisarri, (MARIBEL) Catedrática de Xeografía e Historia, experta en Maruja Mallo, e exprofesora do noso centro, á que sempre estaremos agradecidos pola súa desinteresada colaboración. Acompañábana na mesa Fran Riobó de 2º bacharelato que realizou o pregón, e Nico Bermúdez de 4º ESO, que se encargou da visita guiada á exposición.




Ademais do alumnado de bacharelato, puidemos contar entre os asistentes coa presenza do Xefe Territorial, César A. Pérez Ares; da nosa Inspectora, Mª Adoración de la Fuente Fdez; da Alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz; e da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Muller, María Ortega. Grazas a tod@s polo seu apoio.
Unha vez rematada a charla, baixamos ao hall, onde os asistentes poideron realizar unha visita guiada e apreciar diversas instalacións artísticas, obxectos realizados con material de reciclaxe, cartóns, ramas, redes, etc.


Aquí temos a Nico mostrando as últimas tendencias no campo das animacións, arte dixital, ilustracións e realidade aumentada.




E para finalizar con bo sabor de boca, tivemos un café e petiscos na nosa biblioteca BIBLIOBERNARDINO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario