miércoles, 31 de mayo de 2017

ELEANOR AND PARK - CLUB DE LECTURA


Achégase o final de curso e nós rematamos o Club de Lectura dos máis novos con esta novela ambientada nos anos 80 e que trata temas que nos tocan de cerca, como o amor, as inseguridades que todxs temos, o que nos preocupa ás veces o que pensen os demais, o bullying no instituto (e aquí apuntou Isabel que o "bullying discreto" é precisamente o que máis dano fai), ou os abusos e malos tratos dentro da familia. Pero como non tiñamos o día para poñernos demasiado serios, acabamos falando do moito que lles impactou a algúns membros do noso club de lectura o eyeliner dourado que nun momento dado usa Park e sobre a reacción que tivo o seu pai cando llo viu posto.

Tamén comentamos o interesante que nos pareceu o uso do punto de vista cambiante en cada capítulo, que nos permitiu empatizar tanto con Eleanor como con Park e entender como vivían e procesaban a súa relación cada un deles. Falamos do contraste que presentaban as dúas familias: a de Park, tan ben estruturada e fonte de benestar, fronte á de Eleanor, tan desestruturada e inxusta.

Houbo varixs que opinaron que o final estragaba o libro e entón comentamos que, na edición en inglés desta obra, a autora inclúe unha nota final na que explica que "os mozos e as mozas de dezasete anos non teñen finais felices. O que eles teñen son comezos". E, efectivamente, estivemos de acordo nesta premisa.

Isabel comentou que lera outra obra de Rainbow Rowell titulada "Fangirl", que, ao parecer, tivo tamén moitísimo éxito. A ela pareceulle que era un pouco mala, pero que, sen embargo, engancha e non podes parar ata acabar de lela. Por certo, isto foi o mesmo que nos pasou á maioría dos que lemos "Eleanor e Park". 

En fin, e ata aquí chegou este curso o Club de lectura. Despois de setembro volveremos con máis libros, autores, películas... o que nos boten!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario