miércoles, 8 de marzo de 2017

FLORES PARA ALGERNON


O luns pasado celebramos unha nova xuntanza no Club de Lectura. Fomos poucos desta vez, pero, aínda así, Flores para Algernon permitiunos un interesante debate no que acabamos falando de Alzheimer, ortografía e do que significa "ser guai". "Que sorte teño de poder levar unha vida normal!", dixo Isabel. "Eu pensei na xente á que lle custa un pouco máis...", engadiu Carolina. E logo alguén dixo que "Tendemos a buscar a aceptación dos que nos rexeitan". Está claro que nos deu abondo en que pensar.



E para a vindeira xuntanza, que no club dos maiores será xa despois da vacacións de Semana Santa, lanzámonos de cabeza a ler a Dickens.


No hay comentarios:

Publicar un comentario