O EXPURGO consiste nun proceso mediante o cal se seleccionan
determinados documentos da colección da Biblioteca para retiralos da
mesma de forma definitiva ou pasalos a unha zona de almacenamento. É
unha operación complementaria á selección e consecuencia directa da
avaliación que se debe levar a cabo de forma continuada para conseguir
unha xestión eficaz da colección.
A colección, ao igual que todos
nós, debe estar en continuo desenvolvemento, e necesita renovarse para
adaptarse aos cambios que se producen nas necesidades dos usuarios.
E unha clara TRANSFORMACIÓN DA REALIDADE do IES AS BARXAS, xa que a súa biblioteca é un dos centros neurálxicos do instituto, e persegue os seguintes obxectivos:
- Manter a pertinencia da colección
- Incrementar o uso ao presentar unha colección máis adecuada ás necesidades dos usuarios.
- Facilitar o manexo das coleccións polos usuarios.
- Solucionar o problema derivado da falta de espazo para albergar as coleccións en libre acceso e optimizar o acceso aos fondos.
- Detectar os exemplares danados que requiren ser eliminados ou restaurados.
- Mellorar a imaxe e utilidade da biblioteca cun fondo actualizado.
Pero no IES AS BARXAS, buscamos a optimización de calquera recurso, por
iso, o equipo actual da Biblio Bernardino Graña, capitaneado pola nosa
orientadora Charo Lorenzo, está a elaborar un ambicioso plan de destino
dos exemplares expurgados, baseado en criterios de eficiencia e
sustentabilidade.
1.- Depósitos da Biblioteca: onde irán as obras de libre acceso que: non se prestaron nos últimos anos, un exemplar dos duplicados que se vaian a expurgar, obras obsoletas, etc.
2.- Troco/doazón con outras institucións: neste intre estamos preparando
o envío a biblioteca da Cárcere da Lama, de exemplares expurgados que
poidan ter interese para as mesma.
3.- Reciclaxe: os exemplares non incluídos nos apartados anteriores
serán reciclados, e servirán como material para as nosas instalacións
artísticas.
¡SEGUIREMOS INFORMANDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario