martes, 12 de mayo de 2015

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: "ciencia e ficción", e Museo Massó

A visita que nunca falta para o Club de Lectura, acompañados de novo polos alumnos do grupo de teatro, e un 26 de marzo desta vez. 
Decidimos para no Museo Massó antes de chegar a Pontevedra; nun corto animado soubemos da historia da fábrica e dos fondos do museo que logo veríamos.
Vimos mapas e atlas e astrolabios e bitácoras e mascaróns de proa e maquetas de navíos e escrituras de esclavos e xoias bibliográficas ... todo isto na sala noble do museo. E abaixo, todo o relacionado coa fábrica conserveira na estancia grande, e noutra máis pequena e anexa a ela, motivos relacionados coa caza da balea.  Correndo e baixo a chuvia dirixímonos a Pontevedra.
Vendo o corto
Así nos recibiron en Pontevedra










Xa no Salón do Libro, asistimos ao espectáculo "tecnomaxia" e despois leváronnos nunha andaina polo Salón; Newton e a gravidade, os clons, os caleidoscopios, a táboa periódica, ... e unha exposición de maquetas que recreaban contos infantís cunha perfección na execución e nos detalles que deixounos a todos admirados. 

E a correr, que antes das dúas e media había que estar en Moaña.

Atentos as explicacións
Un primeiro plano de Gulliver


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario