viernes, 2 de noviembre de 2012

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

A escritora Laura Gallego obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2012 pola súa obra Donde los árboles cantan. O galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España, durante 2011.

Podedes ampliar a noticia na páxina web de El País ou en CILIJ.



Na biblioteca  tendes á vosa disposición, ademáis da obra premiada, estas outras:

Memorias de Idhún I. La resistencia
Memorias de Idhún II. Triada
Memorias de Idhún III. Panteón
Mago por casualidad
Mandrágora
Alas negras


Felices lecturas! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario