sábado, 4 de noviembre de 2017

UNHA ENTRADA DE SAMAÍN



Coa boca aberta quedamos cando vimos a decoración que prepararou o alumnado de Luz Beloso para recibir o Samaín. Os de 1º ESO encargáronse dos morcegos que penduraban do teito, todos distintos, todos arrepiantes.







As ilustracións corresponden ao alumnado de Debuxo Artístico de 1º Bach. Alucinantes!!













SAMAÍN: QUE FARÍAS ANTES DE MORRER?




Achégase o Samaín, tempo de calacús e castañas, pero tamén da Santa Compaña e de honrar aos defuntos para escorrentar aos malos espíritos. Por iso dende Bibliobernardino quixemos saber Que farías antes de morrer? Propuxemos un concurso coas opinións do alumnado. E as tres mellores tiveron premio.


Durante unha semana, todxs tivemos a oportunidade de contar que cousas quereriamos facer antes de estar mortxs. Por suposto, había que asinar con nome e apelidos para poder participar no concurso.







E o martes chegou a hora de escoller as tres mellores opcións. Entre o xurado atopábanse Moisés (profe de galego), Brais (profe de filosofía), Cristian (alumno de 1º BACH) e Charo (encargada da biblio e orientadora). A xulgar pola de voltas que tiveron que dar, resultoulles moi complicado tomar unha decisión.Os eliminados ían desaparecendo do panel, ata que pouco a pouco foi quedando máis despexado.







E por fin, despois de moito escoller, o xurado chegou á selección dos finalistas.







A entrega de premios fíxose o venres na biblioteca durante o recreo. O terceiro premio correspondeu a Isabel Cascante (2º Bach), o segundo a Alejandro Barros (2º ESO A) e o primeiro a Alberto Álvarez (3º ESO B). Charo e Cristian foron os encargados de repartir os premios.







SAMAÍN: CHEGOU A HORA DE AMBIENTAR A BIBLIO




Como todos os anos, cando se achega o Samaín non podemos renunciar a decorar a biblioteca. Contamos como voluntarixs coa titoría de Ángeles Pico, que acudiron dilixentes a encher o espazo de morcegos, arañeiras, esqueletos... e demais recordatorios do mundo escuro e misterioso dos mortos. Así de chula e arrepiante lles quedou!